"El dolor sana, las mujeres dejan cicatrices, pero la grandeza, por más breve que sea, se queda con el hombre".

lunes, 22 de febrero de 2010

Os vellos non deben de namorarse - A. Daniel R. Castelao

Prólogo:
É unha farsa na que se demostra que os vellos non deben de namorarse. Xogan o amor e a morte de 3 vellos imprudentes:
Ø  O boticario Don Saturio , que non aturou a falcatruada de Lela e mátase con solimán da sua propia botica.
Ø  O fidalgo Don Ramón , que por un bico de Micaela morre deitado no esterco.
Ø  O vinculeiro Fuco , que por casar con Pimpinela morrese de felicidade.


1º historia
Persoaxes :
O boticario: Vello namoradizo , que ten , ademais , a desgracia de chamarse Saturio.
Lela : moza requintada na sua propia malicia
O carabineiro : catador de lupadas , disposto a unha nova vida .
Os irmans do boticario :catro ánimas , do purgatiro , embrulladas en roupa negra.
A morte : o mais tiran de todos , disfrazado de medicante.
Mulleres :  dez bocas con alferron.


Resumo:
Escena 1 :
O boticario e Lela falan na botica , e o boticario comeza a namorarse dela.
Escena 2 :
 O boticario fala só e di o que sinte por Lela ,fala tamen de cando era novo e de que non se namorou por non abandonar a suas irmans , nese intre entran en escena 4 boticarios que cantan unha cancion acordandose dos anos mozos do boticario.
Escena 3 :
A morte entra na botica e fala co boticario , pedindolle unha cura para a sua enfermidade , xa que esta namorada (a morte) e quere un remedio , ainda que sexa morrer , tamen lle aconsella o boticario que non se namore das mozas novas , que só queren os seus cartos .
Escena 4:
 As irmans van para a novena e danlle consellos o boticario , como por exemplo que non deixe entrar o gato na casa.
Escena 5 :
Lela e o seu comprometido , o carabineiro  , están a falar da sua boda con unhas mulleres no parque , Lela di que sempre tivo moitos mozos nos que escoller , e que lle propuxera matrimonio un home moi rico .
As mulleres son unhas rexoubeiras , pero nunca falaron mal de Lela. Lela e o carabineiro marchan e aparece a morte . As señoras poñense a falar coa morte que esta disfrazado de medicante , e dinlle que no pobo se fala que cada vez que pasa él morre alguna persoa.
Escena 6 :
Falan  o boticario e a morte , o boticario esta morrendo e dille a morte que chegou tarde , que se matou porque esta namorado , e que fixo unha pocima para morrer. A morte dixolle que xa o avisara antes de que non debia namorarse sendo vello de mozas novas.
Escena 7 :
É o enterro do boticario no que hai musica e as suas 4 irmans choran desconsoladas.

2º historia
Persoaxes:
Don Ramon: vella esponxa, embebida en viño tinto ;remarque de casta. É fidalgo.
Os pais de Don Ramón: retratos que viven e falan.
Micaela: rapaza parafuseira , de touciños duros.
O Portugués: balandro cazador de lebres corridas.
Rapaz: fillo de raposa.
Duas mascaras: choqueiros estrafalarios.
Mulleres: dez abrollos de picardia.
Dous espantillos e un sapo: misterios da noite orballada.

Resumo
Escena 1 :Don Ramón esta na casa, falando en alto, él só da rapaza da que está namorado, di que por un bico dela regaloulle unha leira, Está sempre borracho. Ali na casa hai 2 retratos que falan, e son seus pais, éstes chamanlle mal fillo e din que é un ninguén por darlle a herdanza que lle deixaron a calquera muller por un bico.
Don Ramón ameaza os pais con mandar os seus retratos para o faiado se non deixan de darlle a lata.
Chega a casa o rapáz que lle di a Don Ramón que ese dia non vaia a casa de Micaela porque a xente xa anda falando deles. Don Ramón metelle un berro a unha criada para que lle leve máis viño.
Escena 2 : Don Ramón sae do pazo para dirixirse a casa de Micaela , ó sair atopase cun demo e unha porca que se estan pelexando. O demo preguntalle a Don Ramón que a onde vai , e a porca xa responde que Don Ramón vai ver a sua amada, Micaela , o demo insinúa que Don Ramón non se debe fiar da Micaela , pero a porca defendea. Entre toda esa discusión escoitanse as mulleres rindo as gargalladas.
Escena 3 : estando Micaela na súa casa falando co seu amante, co que vai casar, sobre todos os cartos que lle van sacar a Don Ramón. Mentres estes falan chega Don Ramón , Micaela veo entrar dende a portada e o portugués agóchase detrás duna cortina. Cando chega Micaela dille a Don Ramón que non deberia haber ido que a xente xa fala , e que ela xa lle mandou aviso por medio dun rapaz ,  enganao decindolle que o primeiro bico que dera fora a él e que non lle importaban nada os homes agas él , Don Ramón pídelle outro bico e ofrecelle outra leira. Micaela di que é de dia e que ten vergoña , pero que lle dará o bico no baile de carnaval de pola noite.
Don Ramón marcha e cando vai polo camiño cae, e un sapo axudalle a morrer.


3º historia
Persoaxes:
Pimpinela : rapaza bonita que tolea polos panos de cores.
A nai : vella lagarteira, que non se avén coa pobreza.
O pai : velloucán con cara de testigo falso.
O mozo:rapaz novo, en idade de sentirse galo do mundo.
O vello : carcamán namorado.

Resumo
Escena 1: estan na casa a nai e o pai de Pimpinela convencendoa para que deixe de andar co seu mozo e que case co vello Fuco que é rico e sacaos de ser pobres a todos. En todo momento Pimpinela negase a casar co vello.
Escena 2: marchan os pais e chega o mozo e ponse a falar con Pimpinela e ésta non contesta a nada , este dille que lle diga que o quere e Pimpinela a pesar de querelo non lle di nada , o mozo saca un pano con 2 corazons e regalallo a Pimpinela , ésta agarrao sen case mirar para él. Discuten porque o mozo sabe que o vello Fuco anda atrás de Pimpinela. O final da discusión rompen  a sua relación.
Escena 3: o mozo xa marchara e chega o vello Fuco a falar con Pimpinela, éste dille que ven da vila e que lle trouxo uns regaliños, comeza a sacar un lote de panos de cores. O vello dille que case con él e que lle dará todos os seus bens. Pimpinela di que e moi nova para casar. Pero despois de tanto insistir o vello, e de tanto que a intentaron convencer os seus pais e de que o deixara co seu mozo, dixo que si coa cabeza.
Escena 4: Aparece o vello falando con unhas mulleres que lle decian que desque casara con Pimpinela andaba mais ledo. O vello Fuco dille que vira a morte, que falara con el e que lle avisara que ia ir po el.
Escena 5:o vello Fuco morre.
Escena 6:están no enterro do vello Fuco , e Pimpinela chora porque ten que andar vestida de viuva e non pode poñer os seus panos de cores que tanto lle gustan , tamen se lamenta por non ter casado co seu mozo de antes.



Épilogo
Personaxes:
Señor Fuco
Boticario
Don Ramón



Resumo
Estan no cemiterio, e chega o señor Fuco coxeando, e preguntanlle porque está coxo, e éste dille que porque meteron a sua sogra morta no seu nicho e que lle aplastara unha perna. Tamén di que a súa sogra lle contou moitas cousas.
Resultou que Pimpinela casara con aquel rapaz do que estaba namorada, e que agora viven os dous como larcháns cos cartos do vello Fuco. Os outros dous rinse do vello, pero este dille que non rian tanto que cousas das suas namoradas tamen llas contou.
Dille a Ramonciño que como cando morrera deixara un escrito no bolsillo no que lle deixaba unha leira a Micaela, esta foi a xustiza e como todo mundo sabia das andanzas dela co veño Ramón, e resultou que como ela tamen casara co portugués e tiveran un fillo, Micaela nos xulgados dixera que o fillo era de Ramonciño, e asi quedou con todos os seus cartos.
O boticario preguntalle se non lle contou nada del, e o señor Fuco contalle que Lela casara co carabineiro e que xa tiñan catro fillos, que as súas catro irmáns venderan a botica e que seguian chorando por el. Logo cambian de tema e poñense a falar de cal deles tivo a peor morte, logo marchan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario